Volver

Guía de agasallos 2021

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrece un ano máis un catálogo de propostas para favorecer que se agasalle ou que se pidan como agasallos produtos en galego. Con ela, tamén se quere poñer en valor o uso do idioma na fabricación de todo tipo de obxectos e no ámbito da empresa, así como apoiar o empresariado galego, nomeadamente aquel que aposta polo noso idioma, en tempos de crise coma os actuais.