Volver

#ACULTURASEGUE

Ver para ler. Pablo Santiago Martínez

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Proxecto de slow TV arredor da paisaxe na literatura galega.

A slow TV é un formato audiovisual que desenvolve desde hai 10 anos a televisión pública norueguesa. Consta de vídeos de longa duración en que se reflicte unha actividade ou paisaxe concreta durante un tempo considerable. O formato foi exportado a todo o mundo e, en Galicia, a TVG xa o empregou nun programa sobre o Camiño de Santiago.

A slow TV ten a capacidade de hipnotizar o espectador coa paisaxe, o son e a información engadida. Estes tres elementos aplicáronse no proxecto Ver para ler a catro obras literarias galegas.

Capítulo 1

A paisaxe contida nas obras de dúas escritoras centran o primeiro capítulo de Ver para ler. Son Ferrol, corazón de navío, de Xohana Torres, e As Ramonas, de Ana Cabaleiro.

Capítulo 2

O segundo capítulo lévanos ao Pontedeume de Ramiro Fonte en Os meus ollos e ao Cangas de Bernardino Graña en O neno mariñeiro.