Volver

Terra e tesón

Documental que mostra como se foi forxando ao longo do tempo o proxecto do Museo Etnográfico Casa do Patrón de Doade, desde o nacemento da idea ata converterse nun museo de referencia no rural sobre a etnografía galega.

O audiovisual, que parte das directrices da antropoloxía visual ou cine etnográfico, inclúe testemuños dos profesionais que participaron nas distintas iniciativas, así como tomas aéreas da contorna, situada na Vía da Prata.

A proposta pretende darlle a coñecer o proxecto museístico ao visitante ou turista potencial e conservar a súa historia para futuras xeracións.