Volver

A Pedreira presenta... Segmento Cantábrico. Nordesía Producións

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Estes dous videoclips de presentación do primeiro traballo en solitario de Ugia Pedreira, A Pedreira, completan un proxecto que incluía tamén CD, exemplares do poemario A fuxida e un concerto.

O primeiro dos videoclips, baseado no tema "Ser un máis", está elaborado con debuxos de Roque Treinta e animación de Xavier Belho. O segundo, "Mares sucados", presenta danzas de diferentes estilos.

Para este proxecto, A Pedreira contou tamén coa colaboración de Pierre-Yves Rougier, Marina Oural (dirección escénica), Alberto Casas (iluminación) e Xurxo Pinheiro (son).

Ser un máis

Mares sucados