O partido que gañamos. Ignacio Hernández Fernández
Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Relato dixital acompañado de material descargable e de recursos interactivos pensado para nenas e nenos de 7 a 11 anos, articulado arredor do deporte como ámbito clave da socialización da cativada. O enfoque lúdico dos materiais, que parte da historia dun grupo de amigas e amigos nun campamento de verán, pretende reforzar a presenza da lingua nos espazos de lecer deportivo.