Cinema en galego no Bierzo e Sanabria
Con motivo do 25 aniversario do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e mais a Junta de Castilla y León e diferentes concellos da zona, organizan este ciclo de cinema orientado a reforzar o galego nas zonas galegofalantes que están fóra de Galicia. A iniciativa conta tamén co apoio de entidades como o Consello Comarcal do Bierzo, o Instituto de Estudos Bercianos, Edicións Positivas e a Real Academia Galega.
Os filmes proxectaranse en formato de cinema de verán no exterior, con gran pantalla, entre o 12 e o 24 de xuño nas localidades da Comunidade de Castela e León que contan con centros educativos adscritos ao Programa de promoción do galego no Bierzo e Sanabria: Cacabelos, Camponaraya, Carucedo, Corullón, Cubillos del Sil, Ponferrada, Puente de Domingo Flórez, Toral de los Vados, Toral de Merayo, Villafranca del Bierzo e Lubián. O obxectivo é ofrecer unha actividade atractiva con motivo do 25 aniversario do citado programa a e que, ao mesmo tempo, poida dirixirse a toda a poboación e non só ao alumnado dos centros.
| Lugar | Película | Localización | Data | Hora |
| Camponaraya | Cuñados | Xardíns da Casa Ucieda | 12/6/26 | 22:30 h |
| Villafranca del Bierzo | Salta! | Xardín da Alameda | 13/6/26 | 22:30 h |
| Lubián | Cuñados | Praza de Fontabella | 14/6/26 | 22:30 h |
| Corullón | Chicken Run: Amencer dos nuggets | Praza do Concello | 16/6/26 | 22:30 h |
| Toral de los Vados | Cuñados | Praza da Estación | 18/6/26 | 22:30 h |
| Puente de Domingo Flórez | Salta! | Praza do Toral | 19/6/26 | 22:30 h |
| Carucedo | Cuñados | Praza da Igrexa | 20/6/26 | 22:30 h |
| Cacabelos | Cuñados | Praza Maior | 21/6/26 | 21:00 h |
| Toral de Merayo | Chicken Run: Amencer dos nuggets | Praza do Nogaledo | 22/6/26 | 19:00 h |
| Cubillos del Sil | +Cuñados | Praza Doutor Fernández Marqués | 23/6/26 | 22:15 h |
| Ponferrada | Salta! | Aparcadoiro da Escola de Idiomas | 24/6/26 | 22:30 h |