Nova Táboa periódica dos elementos
O grupo de innovación docente CienciaNOSA da Universidade de Santiago de Compostela (USC) publicou a nova versión en galego da Táboa periódica dos elementos, que recolle os novos elementos incorporados pola Internacional Union of Pure and Applied Chemistry (IUPAC)
A nova versión galega foi elaborada polos docentes e investigadores Manuel R. Bermejo, Ana M. González Noya e Marcelino Maneiro, do Departamenteo de Química inorgánica da USC e pode descargarse dende o web da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).