Xogos de iniciación e primeiras cantarelas

Os dedos da man
Os dedos da man
Para cabalgar na perna
Para cabalgar na perna
Cóxegas con Pedro Chosco
Cóxegas con Pedro Chosco

Os dedos da man

Este foi ao monte,
este colleu leña,
este foi aos ovos,
este fritiunos
e este gordiño comeunos todos

O pai ou a nai van collendo en cada verso un dedo diferente

Para cabalgar na perna

Arre, cabalo,
que vas amontado.

Panza para arriba,
panza para abaixo
ata caer do cabalo… abaixo!

Para bebés que xa sentan sós. O neno cabalga na túa perna. Cando digas “abaixo!”, agarra del forte e simula que o deixas caer

Cóxegas con Pedro Chosco

Pedro Chosco, de onde vés?
Veño de lavar os pés.

Pedro Chosco, e a onde vas?
Vou durmir este rapaz.

Mentres se recita o segundo verso, facémoslle ao bebé cóxegas nos pés; mentres se recita o derradeiro, pola perna arriba.

 

Documentos relacionados