NADAL EN REDE 2022

A bruxa Befana

Chega decembro e chegan Os Bolechas coa súa xira de Nadal, que pasará por 8 concellos da Rede de Dinamización Lingüística e levará unha convidada moi especial, a bruxa Befana.

Os Bolechas este Nadal recibirán unha visita. Non se trata dos Reis Magos de Oriente, nin de Papá Noel, nin tan sequera do Apalpador. Tampouco chegará en camelo, como os Magos; nin en burro, como o Apalpador; nin nunha zorra tirada por renos, como Papá Noel... Ela é unha bruxa boa. Si, si, sentistes ben, moi boa, molto buona. Oístes falar de Befana, a encargada de levarlles doces e xoguetes ás nenas e nenos italianos? Pois este ano desviou o seu camiño e rematou na casa dos Bolechas. Queredes coñecela vós tamén? Pois animádevos a vir á xira dos Bolechas, que estará nas seguintes localidades:

       Axenda de Nadal en Rede 2022. A bruxa Befana
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
22 de decembro, 19:00 h Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa Pontevedra
23 de decembro, ás 17:00 h Centro Social Polivalente Trazo A Coruña
29 de decembro, ás 18:00 h Auditorio Municipal Padrón A Coruña
30 de decembro, ás 18:00 h Multiúsos Piñeiral do Crego - Chapela Redondela Pontevedra
3 de xaneiro, ás 18:00 h Casa da Cultura Viana do Bolo Ourense
4 de xaneiro, ás 16:30 Salón de actos do Concello Abadín Lugo
7 de xaneiro, ás 18:30 h Sala Bahía Foz Lugo
8 de xaneiro, ás 17:30 h Auditorio - Edificio Multiúsos Santa Comba A Coruña
       

Documentos relacionados