Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras. Ceo Aberto
Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Pílulas literarias e científicas creadas a partir da celebración da Festiciencia e as Festiletras da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso.
Nas pílulas literarias, autores e autoras de literatura galega responden un breve cuestionario:
- Quen es?
- Cal é o teu libro favorito?
- Por que é importante escribir en galego?
- Danos un motivo para ler o teu libro
Nas pílulas científicas, David Ballesteros grava xunto con Iria Ollero dez microespazos audiovisuais de 90 segundos con experimentos e curiosidades científicas relacionadas coa contorna da zona, baixo suxestivo título “Á morte coa ciencia”:
- De onde sae a area das praias?
- Como se produce o mar de Ardora?
- Existen as praias de cristal?
- Os microplásticos, unha praga
- Mestúrase a auga doce e salgada na desembocadura do Anllóns?
- Por que me queimo na praia se non me poño crema?
- Córtase a dixestión se non esperas dúas horas para o baño?
- Por que o sol é vermello no solpor?
- De onde veñen as ondas?
- Por que flotan os barcos?