Volver

OpenBravo

  • OpenBravo

    OpenBravo

Openbravo ERP é unha aplicación de xestión empresarial do tipo ERP destinado a empresas de pequeno e mediano tamaño, que conta tamén con funcionalidades de CRM. A cobertura funcional do sistema cobre todas as principais áreas dun sistema completo de xestión do negocio: aprovisionamento, almacén, produción, vendas, proxectos e servizos, finanzas e contabilidade, incluíndo a integración coa xestión de Punto de Venda (POS), todo isto cun modelo cunha única base de datos integrada. En resumo, Openbravo deseñouse cunha ampla cobertura funcional para axudar as empresas a mellorar o seu rendemento global. A instalación de OpenBravo require Postgresql ou Oracle, Java, Tomcat e Apache Ant. Openbravo distribúese cunha licenza Openbravo Public License Version 1.1 (OBPL), unha adaptación de Mozilla_Public_License.