Volver

NavalPlan/LibrePlan

  • NavalPlan/LibrePlan

    NavalPlan/LibrePlan

NavalPlan é unha aplicación web de planificación de proxectos, orixinalmente desenvolvida para o sector Naval, pero que é especialmente útil para calquera tipo de empresas cun fluxo de traballo que requira a xestión, planificación e control de proxectos e pedidos. Con NavalPlan unha empresa pode planificar de xeito conxunto os proxectos da empresa; monitorizar a empresa, facendo o seguimento do progreso, dos materiais e das horas dedicadas a cada unha das tarefas; controlar os proxectos, os seus custos, desvíos e a capacidade da empresa como apoio para a toma de decisións estratéxicas; organizar as tarefas e a capacidade produtiva dos recursos e a súa relación coas tarefas dos proxectos e, finalmente, conectar e integrar NavalPlan co seu ERP e con outras empresas. Conta coas seguintes funcionalidades:

  • Xestión multiproxecto. Ofrece unha visión global da empresa xestionando varios proxectos que comparten recursos
  • Asignación de recursos por grupos baseados en criterios
  • Calendarios flexibles
  • Gráficos de Gantt configurables dende unha estrutura de descomposición de traballo (EdT)
  • RBS: Gráfico de árbore de recursos
  • Control de sobreasignación de recursos
  • Técnica do valor ganador
  • Análise de custos baseados en partes de traballo
  • Integración con outras instancias de NavalPlan e outras aplicacións
  • Outras funcionalidades: materiais, formularios de calidade, cadros, escenarios, múltiples modos de medir o progreso...

    Distribúese baixo licenza AGPL3.