Volver

Calendario científico escolar 2020

O Instituto de Ganadería de Montaña, centro mixto do CSIC e da Universidade de León, difunde este Calendario Científico Escolar 2020 para alumnado de primaria e de ESO.

O calendario -dispoñible, ademais de en galego, en castelán, éuscaro, catalán e asturiano- recolle en cada día do ano un aniversario científico ou tecnolóxico. Este material complétase cunha guía didáctica con orientación e actividades adaptadas a diferentes niveis educativos.