Volver

Premios do XII Certame de Cinema Ouff Escola

O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinado a todos os centros educativos públicos e privados de ensino non universitario de Galicia, así como aqueles de fóra de Galicia nos que se imparten materias en Lingua Galega, que puideron participar con curtametraxes en lingua galega de ata 20 minutos de duración.

Esta iniciativa xurdiu coa finalidade de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual realizado nas aulas, e encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura darlle formación á mocidade sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.

O xurado acordou conceder os seguintes premios:

Categoría A. Infantil e primaria

Primeiro premio: Tempos modernos, do CPR Galén (Lugo)

Segundo premio: Dona Landra no río revolto, do CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu, Pontevedra)

Terceiro premio: O meu barquiño, do CEIP Plurrilingüe Otero Novas (Cortegada, Ourense)

Premio Blanco Amor ao mellor guión: 10 euros, do CEIP O Couto (Ourense)

Mención especial: CAD A Pobra (A Piobra do Caramiñal, A Coruña).

No mar da diversidade

Entrevistamos a Álex Vidal

Corre, corre, cabaciña

Categoría B. Outros niveis de ensino non universitario

Primeiro premio: Sálvora, do IES A Cachada (Boiro, A Coruña)

Segundo premio: As derradeiras, IES Praia de Barraña (Boiro, A Coruña)

Terceiro premio: Fronteiras, do IES Taboada Chivite (Verín, Ourense)

Premio Blanco Amor ao mellor guión: Serendipia, do IES de Meaño (Meaño, Pontevedra)