Volver

Creación de novos termos: "prunia" (flor da cerdeira) e "prunedo"

Centro: IES Laxeiro, Lalín (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

Presentámosvos unha fermosa iniciativa dinamizadora que demostra que a nosa lingua continúa medrando e as e os falantes podémola arrequecer.

O alumnado do IES Laxeiro e a coordinadora do seu EDLG, despois de investigar, con motivo da celebración do Día da Árbore, e botar en falta unha palabra que designe no galego a flor da cerdeira, ofrécenos o fundamentado termo "prunia" e os seus derivados. Estas novas palabras usaranse xa na próxima plantación de dous bosques de cerdeiras en Lalín e Ourense, coa idea de que a lingua abrolle á par das árbores.