Volver

DIXIMED (dicionario de medicina ilustrado)

Centro: CEIP López Ferreiro, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2023-2024

O pasado venres, 22 de novembro, presentouse na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela a versión galega de DIXIMED, o primeiro dicionario de medicina ilustrado, promovido polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, coa colaboración do alumnado do CEIP López Ferreiro.

Ademais do glosario, a aplicación contén outros recursos educativos (atlas do corpo humano, xogos de asociacións...), que constitúen unha excelente ferramenta para que as nenas e os nenos, de seis a doce anos, coñezan o léxico básico relacionado coa saúde e as enfermidades.

O traballo tamén pode resultar moi útil para fomentar o uso do galego no ámbito sanitario, particularmente, nas consultas de pediatría.