XXI Premio Frei Martín Sarmiento e REC.curta
Curso: 2024-2025
Escolas Católicas de Galicia continúa o seu labor a prol da lectura en galego mediante múltiples iniciativas entre as que destaca o Certame Frei Marín Sarmiento, un galardón que convoca coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua e que premia as obras máis recoñecidas entre o alumnado destes centros.
Os máis de 3.000 alumnos e alumnas participantes na vixésimo primeira edición do premio literario Frei Martín Sarmiento decidiron, coas súas votacións, quen eran as obras e autores ou autoras merecedores dos ditos galardóns:
INFANTIL
Maldiño, a vergoña da familia. Esteban Souto. Antela Editorial.
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)
Avoa, neto e burro. Caxoto. Ilustración: Cinta Arribas. Triqueta editora
2ª CATEGORÍA (3º, 4º)
Clorinda Marween. Unha bruxa inventora. María Vázquez Pupé. Cumio editorial.
3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP) – Recoñécese o labor de Tradución
A máquina de facer contos. Ricardo Gómez e Emilio Urberuaga. Tradución: Víctor Mascato. Triqueta editora
4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO)
Como escorrentar un lobo. Antonio M. Fraga. Cuarto de Inverto
5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO)
Reis da montaña. Daniel Hernández. Rodeira-Edebé
6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos)
A noite das cebolas. Rosa Aneiros. Xerais.
REC.curta
Escolas Católicas organiza tamén o certame audiovisual REC.curta ao que se presentaron unha decena de traballos que optaban ás dúas categorías das que consta o certame. Primeira, dirixida a alumnado de 6ª de Primaria, 1º e 2º de ESO, e segunda, dirixida 3º, 4º ESO, Bacharelato e FP.
O traballo recoñecido como mellor docuficción da primeira categoría foi Carmen, baseado nunha historia real de emigración galega, elaborado por tres alumnas do colexio Inmaculada (carmelitas de Vigo).
Na 2ª categoría, o xurado decidiu recoñecer como mellor curta O eco do silencio, que xira ao redor do acoso escolar, da Inmaculada de Marín, e mellor docuficción a Estrobo, centrada na importancia de coidar a nosa contorna e o medio natural, un traballo realizado por alumnado do colexio María Assumpta de Noia. Ambos os audiovisuais, xunto cos demais galardoados, poden verse en https://www.escolascatolicas.es/rec-curta-2/ ou en www.escolascatolicas.es