Ruleta dos sentimentos para Begoña Caamaño
Centro: EOI de Lugo, CMUS Profesional Xoán Montes de Lugo e CDAN de Lugo
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
A ruleta dos sentimentos en movemento é un recurso didáctico creado polos EDLG da Escola Oficial de Idiomas, o Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes e o Conservatorio de Danza de Lugo que busca, dunha forma lúdica, afondar e poñer en valor a figura de Begoña Caamaño, así como tamén motivar o alumnado a que investigue e comparta música e poesía conectadas con ela. Animádevos a gozar dela co voso alumnado!