Intercambio lingüístico arredor dos Maios

Centro: CEIP de Sequelo, Marín e CEIP de Silleda, Silleda (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

Unha extraordinaria actividade de intercambio cultural entre centros de contornas lingüísticas diferentes: o CEIP Sequelo de Marín e o CEIP de Silleda. Co gallo da tradición dos Maios, ben asentada en Marín, nunha xornada de convivencia, o alumnado marinense exerceu de profesorado nos obradoiros de composición de coplas, na elaboración do maio e na interpretación.

Ligazóns relacionadas