Festa da Lingua. "En modo galego. Actívao"

Centro: Carmelitas, Franciscanas, Sagrado Corazón, Xosefinas e La Purísima (Ourense)
Curso: 2025-2026

Para celebrar a Festa da Lingua, organizada co apoio da Secretaría Xeral da Lingua, o alumnado de primaria de varios colexios de Escolas Católicas de Ourense reuniuse no salón de actos de Carmelitas e presentou unha serie de vídeos nos que informan os telespectadores das noticias que lles gustaría escoitar relacionadas coa lingua galega. Non os perdades!