Begoña Caamaño. Voces que rompen

Centro: IES Félix Muriel, Rianxo (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Audiovisual do EDLG do IES Félix Muriel no que alumnado deste centro rianxeiro repasa as obras máis representativas de Begoña Caamaño (Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle) e anima as súas compañeiras e compañeiros a gravar podcasts sobre "mitos, historia e feminismo". Unha singular proposta didáctica que, como a autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026, busca "repensar o pasado e transformar o futuro".

Ligazóns relacionadas