O libro da memoria
Centro: CEIP de Prácticas López Ferreiro, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
O pasado mes de xuño presentouse na Bibloteca Ánxel Casal O libro da memoria, que inclúe unha compilación de textos de tradición oral achegados polas familias do alumnado de educación infantil do CEIP López Ferreiro. Máis alá do interese da recolla como patrimonio inmaterial, as composicións resultan moi útiles para traballar as emocións, a lingua, o ritmo e mesmo a lectoescritura e a aproximación á lóxica matemática. O traballo foi coordinado por María Méndez Cacheda e contou coa colaboración do EDLG e o Equipo de Biblioteca do centro compostelán.