Curtametraxe "O avellón"
Centro: IES de Chapela, Redondela (Pontevedra)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Excepcional curtametraxe baseada no conto homónimo de Xosé Luís Méndez Ferrín, na que o alumnado de 4º ESO do IES de Chapela se encargou de todo o proceso de elaboración: guión, gravación, edición, interpretación, produción...
O argumento rescata un antigo e curioso ritual da cultura tradicional galega arredor da morte, na que as persoas asistentes ao velorio danzaban arredor do cadaleito emitindo un zunido semellante ao dos abellóns ou abellas.
Sen dúbida, un recurso moi apropiado para conmemorar este Samaín que se achega!