O filólogo especialista en toponimia Vicente Feijoo visita os dragaliños e dragaliñas para achegalos ao coñecemento da súa contorna, da historia dos seus antepasados, da literatura popular e da súa lingua a través do estudo dos topónimos e dos seus respectivos concellos. E todo iso, traballando a través das tecnoloxías da información e da comunicación.
No obradoiro de toponimia falarase da importancia da toponimia galega como patrimonio cultural inmaterial e presentaranse ferramentas informáticas con que os asistentes poderán contribuír de forma colectiva a salvagardar este tesouro e difundilo a través da web.
Podedes ver no cadro da dereita fotografías do seu paso polos diferentes centros que participan este ano en Dragal.