Volver

Manuel Regueiro Tenreiro

O colectivo Egeria, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, acaba de poñer en funcionamento a páxina web www.manoloregueiro.gal, en homenaxe ao profesor Manuel Regueiro Tenreiro, que faleceu a mediados do ano 2019.

A web recolle un total de 79 intervencións sobre o profesor Regueiro Tenreiro, que constitúen unha visión conxunta da traxectoria vital e da obra deste filósofo que naceu en Perbes-Miño (A Coruña) en 1943, estudou en Compostela e Salamanca, foi profesor de Filosofía en Salamanca, Vilalba e mais Lugo e desempeñou, durante once anos, o posto de director xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.