Volver

#ACULTURASEGUE

Ollar, escolma da fotografía galega contemporánea. Adarme Visual

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Ollar é un proxecto multimedia de divulgación da fotografía de autor en Galicia. Mediante unha serie de curtas documentais amosa o traballo artístico de diferentes fotógrafos e fotógrafas que teñen unha obra recoñecible e recoñecida no eido da fotografía de creación.

Compleméntase cunha páxina web específica para o proxecto e nace como unha proposta aberta e en continuo crecemento máis aló dos primeiros cinco documentais que foron presentados ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

Manuel Sendón

Fotógrafo, comisario de exposicións e docente. O seu recoñecemento non se reduce á súa ampla traxectoria nacional e internacional como autor, senón tamén a que é un dos responsables da Fotobienal de Vigo.

Eva Díez

Eva Díez é unha das fotógrafas galegas máis salientables no ámbito da fotografía de creación. Vén sendo amplamente recoñecida a través das exposicións e dos galardóns acadados, como o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea (2015).

Javier Teniente

Teniente levaba 30 anos achegándonos outras realidades, ás veces tráxicas, como a guerra dos Balcáns, as revoltas de Haití ou o tsunami asiático. Hoxe en día, o seu traballo derivou cara a propostas de carácter máis global e cun compoñente social e ambiental máis marcado.

Victoria Diehl

Na súa obra mestura imaxes de esculturas clásicas con retratos de persoas reais, o que lles dá vida ás primeiras. A carreira de Victoria Diehl está chea de éxitos, como a concesión da bolsa da Academia de España en Roma ou as mostras na Aperture Foundation de Nova York ou en PhotoLondon.

Miguel Vidal

Obsesionado coa imaxe en xeral, Miguel Vidal móvese en ámbitos tan diferentes como o documentalismo e o retrato artístico. En 2018, a súa gran antolóxica "Soños", estreada en Pontevedra, recompilou case 30 anos de traballo e foi exposta en diversas salas internacionais.

Raquel Calviño