Volver

#ACULTURASEGUE

Camiño da Geira e dos Arrieiros. Worldrone

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Documental dirixido por Xoel Méndez no que se percorre o Camiño de Santiago desde Braga a través da ruta da Geira e dos Arrieiros. Cun enfoque eminentemente divulgativo e a xeito de road movie, a cámara (por terra e por aire) percorre esta senda que, malia o seu inxusto anonimato, xa conta seis séculos de historia. No camiño irá atopándose investigadores e persoeiros da vida política e cultural dos diversos concellos polos que pasa. Son eles quen, xunto cunha narración en off de corte neutral e informativo, irán ilustrando e explicando a importancia histórica dese itinerario, da paisaxe e do patrimonio que atesoura e que converte o da Geira nun dos vieiros con maior potencial e mellor valoración entre os peregrinos.