FALAREDES 2021
Cómica de lingua
No espectáculo para público familiar Cómica de lingua. Presumindo de lingua propia, a cargo de Raquel Queizás, a amizade, o amor, o bo humor, o enxeño e a intriga van da man. Cóntase a historia dunha cómica ambulante que transita polo Camiño de Santiago armada de poesía e pandeireta e que chega cansa a unha pousada onde se atopa con diferentes hóspedes que teñen moito que contar. Ela mesma tamén é portadora da nosa rica tradición oral. Da súa boca abrollan ditos, trabalinguas, adiviñas, contos e lendas.
Este outono, as súas historias chegarán, da man do FalaRedes, aos seguintes concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Ribadavia, Mondoñedo, Bergondo e Vila de Cruces.
Axenda de FalaRedes 2021. Cómica de lingua | |||
Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
Sábado 11 de setembro, ás 20:00 horas | Auditorio do Castelo | Ribadavia | Ourense |
Domingo 12 de setembro, ás 18:00 horas | Alameda dos Remedios | Mondoñedo | Lugo |
Sábado 25 de setembro, ás 18:00 horas | Edificio Sociocultural A Senra | Bergondo | A Coruña |
Domingo 26 de setembro, ás 18:00 horas | Praza do Concello (Se chove, no Auditorio) | Vila de Cruces | Pontevedra |