Volver

FALAREDES 2021

Rockciclando con Ramona Órbita

  • Rockciclando. Detalle do cartel

    Rockciclando. Detalle do cartel

O coñecido músico infantil Pakolas e a ilustradora Laura Romero únense nun espectáculo musical e visual para público familiar e infantil que lle ofrece á rapazada a posibilidade de participar das aventuras de Ramona Órbita na procura da tecnoloxía para conseguir xerar enerxías limpas e así conseguir mellorar o noso mundo. Mentres Pakolas conta, canta e toca a súa guitarra, Laura irá ilustrando a historia no seu cabalete/mural.

As aventuras de Ramona Órbita chegarán este outono, da man do FalaRedes, a Lalín, Pontedeume, Palas de Rei e Oroso.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Rockciclando con Ramona Órbita
Data e hora Lugar Concello Provincia
Luns 20 de setembro, ás 18:00 horasPraza do Concello Lalín Pontevedra
Sábado 2 de outubro, ás 12:00 horasAlameda Pontedeume A Coruña
Sábado 30 de outubro, ás 18:00 horasCasa da Cultura Palas de Rei Lugo
Sábado 13 de novembro, ás 11:00 horasSala da Casa do Concello (planta -1) Oroso A Coruña