FALAREDES 2021
Romeo e Xulieta
Romeo e Xulieta: o soño do amor, da compañía Elefante Elegante, é unha adaptación do clásico de Shakespeare, un espectáculo teatral dirixido a público adulto que estará seguido dun coloquio co público guiado por María Lado. A peza trata temáticas de relevancia na actualidade e pon o foco na igualdade de xénero.
A Rede de Dinamización Lingüística levará esta peza ao Culturgal e mais a dous concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Melide e Sanxenxo.
Axenda de FalaRedes 2021. Romeo e Xulieta | |||
Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
Domingo 19 de setembro, ás 20:00 horas | Centro Sociocultural Mingos de Pita | Melide | A Coruña |
Domingo 14 de novembro, ás 18:00 horas | Auditorio Emilia Pardo Bazán | Sanxenxo | Pontevedra |