Volver

#ACULTURASEGUE

Dizer-vos quer'eu, mia senhor. Xoán Curiel

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Videoclip da cantiga de amor de Nuno Fernández de Mirapeixe "Dizer-vos quer'eu, mia senhor" musicada por Xoán Curiel e interpretada por el mesmo e por Rui David (voces), Bea López (clarinete) e Carlos Freire (percusión). Esta peza forma parte do disco Treides comigo, en que o compositor e cantante Xoán Curiel lles puxo música a varias cantigas medievais compostas por trobadores galegos vencellados dalgún xeito a autores dos lugares polos que transcorre o Camiño de Santiago.