Volver

#ACULTURASEGUE

Brincadeiras da lingua 2. Migallas Teatro

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Segunda serie de divertidos programas audiovisuais realizados por Migallas Teatro que teñen como obxectivo fomentar o coñecemento e a práctica dos ditos e recitados infantís galegos e mais a transmisión familiar da lingua.

Nestes novos 15 capítulos, que se suman aos 10 anteriores, amósanse ditos relacionados cos animais; co tempo cronolóxico; co tempo meteorolóxico; con accións cotiás; ditos acumulativos; ditos de burlas; máis ditos relacionados cos xogos; ditos diversos etc. Todos eles e moitos máis están recollidos na páxina http://orellapendella.gal.

Capítulos

Brincadeiras da lingua - 11 - Animais pequenos

Cantos animaliños comparten connosco esta terra! E que ditos máis bonitos temos para falarmos con eles mentres os observamos con coidado! Imos ver unha pequena mostra neste capítulo de Brincadeiras da lingua.

Brincadeiras da lingua - 12 - Animais. Aves

Neste novo capítulo de Brincadeiras da lingua dedicado aos animais imos coñecer algúns ditos sobre aves. Veredes que divertidos!

Brincadeiras da lingua - 13 - Animais. Mamíferos

Neste novo capítulo de Brincadeiras da lingua dedicado aos animais imos escoitar ditos sobre os mamíferos. A verdade é que algúns destes animais sónchevos coma da familia!

Brincadeiras da lingua - 14 - O tempo cronolóxico

Hoxe, en Brincadeiras da lingua imos coñecer varios ditos referidos aos nomes dos días, dos meses, das estacións do ano... Mi madriña! Hai que ver que lixeiro anda o tempo!

Brincadeiras da lingua - 15 - O tempo meteorolóxico

Seica quere chover! Hai que estar preparados! Collede o paraugas e aprendede estas Brincadeiras da lingua para os días de chuvia.

Brincadeiras da lingua - 16 - Accións cotiás

Nas Brincadeiras da lingua de hoxe imos aprender ditos que nos acompañan nas accións da vida cotiá: para comer, para cociñar, para facer recados, para nos erguermos, para quitar o impo, para espertar un pé durmido...

Brincadeiras da lingua - 17 - Ditos acumulativos I

Este é o primeiro capítulo de Brincadeiras da lingua dedicado aos ditos acumulativos. Trátase de ditos nos que se van sumando elementos para poñer a proba e exercitar a memoria da persoa que os di.

Brincadeiras da lingua - 18 - Ditos acumulativos II

Vamos con outro programa de Brincadeiras da lingua dedicado aos ditos acumulativos. A cousa vaise complicando!

Brincadeiras da lingua - 19 - Ditos acumulativos III

Dos ditos acumulativos hai tantas versións que ata nos podemos animar a facer algunhas novas a partir das letras tradicionais. A ver que vos parecen estas que vos ofrecemos neste capítulo de Brincadeiras da lingua.