Volver

#ACULTURASEGUE

Sesión vermú. Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais SL

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

A proposta ofrece cinco pezas audiovisuais con cadanseu monólogo cómico do malfadado e sempre lembrado humorista Pedro Brandariz. O cómico aborda, en clave de humor, a cultura e a idiosincrasia dos galegos e das galegas e o seu carácter folieiro, ao tempo que afonda nas súas festas e celebracións populares. Pretende ofrecer unha visión optimista, positiva e comprometida de Galicia, apta para todos os públicos.