Volver

Elementos de imaxe corporativa e logos dos produtos do repositorio TeCe Redes en galego

Nos seguintes enlaces web pódense descargar os elementos de imaxe corporativa e logos dos produtos do TeCe Redes en galego ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021/22, que rexen para a xustificación correcta dos proxectos seleccionados e aprobados.

Todos os proxectos do repositorio TeCe Redes en galego levarán na parte habilitada para os créditos ou nun lugar destacado, antes dos logos, a seguinte frase centrada no plano:

Este proxecto realizouse para o repositorio Tece Redes en galego ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte

Logos para descargar

Disposición dos logos e pasos que seguir

Indicacións para os carteis dos proxectos presenciais:

A disposición debe ser na parte inferior. O logo da Xunta á esquerda e, na parte dereita, cunha separación igual á lonxitude da marca principal, o logo conxunto do Goberno de España e o do Ministerio de Cultura e Deporte, con igual tamaño que o logo da Xunta de Galicia. A continuación, o logo do Xacobeo 21-22, a un 80 % de tamaño con respecto aos outros dos logos.

  • A tipografía debe ser Xunta Sans
  • O deseño debe conter a cor azul Xunta
  • No caso de iniciativas para a Rede de Dinamización da Lingua Galega (RDL), o logotipo irá a continuación do logo do Xacobeo 21-22, ao mesmo tamaño que o da Xunta de Galicia e do logo conxunto do Goberno de España e do Ministerio de Cultura e Deporte.

Indicacións para os produtos audiovisuais / vídeos:

- Os produtos audiovisuais deben levar, despois dos créditos finais, os logos antes mencionados (logo da Xunta de Galicia azul, o logo conxunto do Goberno de España e do Ministerio de Cultura e Deporte e o do Xacobeo 21-22 en cor, dispoñibles na ligazón web indicado anteriormente). Colocaranse nunha cartela, tal e como figura na mostra I.

- Previamente, figurará noutra cartela, tal e como se pode ver na mostra II, o seguinte texto, centrado no plano:

Este proxecto realizouse para o repositorio Tece Redes en galego ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte

Ambas as dúas cartelas deben incluír a tipografía Xunta Sans e a cor azul Xunta no deseño e proxectarse cada unha durante un mínimo de 5 segundos.

Indicacións para follas voantes ou similares:

- No anverso (cara principal) debe figurar o seguinte:

  • Na parte inferior, o logo da Xunta e, cunha separación igual á lonxitude deste logo, o logo conxunto do Goberno de España e o do Ministerio de Cultura e Deporte, con igual tamaño que o logo da Xunta de Galicia.

- No reverso (contracapa) debe figurar o seguinte:

  • O logo da Xunta á esquerda e, na parte dereita, cunha separación igual á lonxitude da marca principal, debe ir o logo conxunto do Goberno de España e o do Ministerio de Cultura e Deporte, con igual tamaño que o logo da Xunta de Galicia, e, a continuación, o logo do Xacobeo 21-22 a un 80 % de tamaño dos outros dous logos.

- A tipografía debe ser Xunta Sans.

- O deseño debe conter a cor azul Xunta.

- Debe incluírse o texto seguinte:

Este proxecto realizouse para o repositorio Tece Redes en galego ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte

Indicacións para os libros dixitais:

- Na capa debe figurar o seguinte:

  • Na parte inferior, o logo da Xunta e, a continuación, cunha separación mínima igual á lonxitude deste logo, o logo conxunto do Goberno de España e o do Ministerio de Cultura e Deporte, con igual tamaño que o logo da Xunta de Galicia.

- Na contracapa debe figurar o seguinte:

  • O logo da Xunta á esquerda e, na parte dereita, cunha separación igual á lonxitude da marca principal, debe ir o logo conxunto do Goberno de España e o do Ministerio de Cultura e Deporte, con igual tamaño que o logo da Xunta de Galicia, e, a continuación, o logo do Xacobeo 21-22, a un 80 % de tamaño dos outros dous logos.

- A tipografía debe ser Xunta Sans.

- O deseño debe conter a cor azul Xunta.

- Na páxina de créditos debe incluírse o texto seguinte:

Este proxecto realizouse para o repositorio Tece Redes en galego ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte.

- Na portada interior, deben figurar:

  • Na parte inferior, o logo da Xunta e, cunha separación similar á lonxitude deste logo, o logo conxunto do Goberno de España e o do Ministerio de Cultura e Deporte.