Volver

FALAREDES 2022

As Armadanzas

A coñecida cantante de Leilía, Montse Rivera, ofrécenos un espectáculo no que pon a bailar ao público familiar. A proposta emprega como fío condutor un diálogo entre un mozo e unha moza nun tempo pasado, onde a conversa en lingua galega, e por extensión a música e o baile, servían como base das relacións humanas. Con explicacións sinxelas van introducíndose danzas galegas e bailes-xogo de carácter tradicional que farán bailar a toda a familia.

A lingua galega ten unha grande importancia no espectáculo, xa que se fai fincapé no seu emprego natural nas relacións entre as persoas e apréndeselle ao público un pequeno repertorio de cantigas que pola súa musicalidade e estrutura paralelística vai perdurar na memoria de quen acuda ao espectáculo.

  • 12 de agosto, ás 19:00 h, na Área Recreativa da Veiga (San Xoán de Río)
  • 21 de setembro, ás 18:00 h, no Espazo Apego (Rúa da República do Salvador, 12) de Santiago
  • 30 de setembro, ás 18:00 h, na Casa Habanera (Guitiriz)
  • 18 de novembro, ás 18:00 h, na Alameda de Redondela
  • 19 de novembro, ás 8:00 h, na Casa da Música de Rubiós (As Neves)
  • 23 de novembro, ás 17:30 h, na Casa do Viño de Salvaterra de Miño