Volver

FALAREDES 2022

C@nto contigo

“C@nto contigo” é un espectáculo onde a música, o baile e as risas farán que saquemos a nosa lingua a voar, achegando o galego á xente miúda e ás súas familias de xeito lúdico e divertido. Retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. Un percorrido por cancións da súa traxectoria percorrendo un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

Convértese así, nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun concerto onde a música e o humor transformará a túa escola, biblioteca, auditorio, rúa, praza, vila, aldea… nunha festa moi especial onde ti es protagonista.

       Axenda de FalaRedes 2022. 
Data e hora Lugar Concello Provincia
28 de setembro, ás 11:00 hSalón de actos do Pazo de San RoqueSantiagoA Coruña
8 de outubro, ás 13:00 hO FreixoOutesA Coruña
15 de outubro, ás 18:00 hMuseo do Mar de GaliciaVigoPontevedra
23 de outubro, ás 17:30 hCasa da CulturaPorto do SonA Coruña
26 de outubro, ás 18:00 hCasa da CulturaFeneA Coruña
5 de novembro, ás 18:00 hAuditorio Emilia Pardo BazánSanxenxoPontevedra
6 de novembro, ás 17:00 hPazo de MosMosPontevedra
2 de decembro, ás 09:30 hCentro Cultural Manuel LlamazaresRodeiroPontevedra
4 de decembro, ás 17:30 hPraza do ConcelloPazos de BorbénPontevedra