Planeta ledo. Xiana Fernández-Albor Batallán
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Dez programas sobre natureza en podcast que pretenden pór en valor o respecto polo medio natural e ofrecerlle formatos de entretemento e aprendizaxe científica á cativada de sete a doce anos.
Cada programa gravouse co alumnado dunha aula diferente do CEIP de Ventín e foi guiado por dúas presentadoras: Xiana Fernández-Albor e Mariana Expósito.