Heroínas da memoria. Asociación Cultural Unión Musical de Meaño
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Espectáculo narrativo-musical orixinal e inédito, en formato concerto en tres movementos, interpretado pola Banda de Música Unión Musical de Meaño.
Ademais da música, ofrece a narración oral de tres historias de mulleres galegas protagonistas de actos de valentía, xenerosidade e solidariedade acontecidos na primeira metade do pasado século. Son historias que estiveron esquecidas durante moitos anos, as das heroínas de Sálvora, as lavandeiras de San Simón e as Irmás Touza.