Volver

A cociña de Media Laranxa. Mayaipa SL

Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

Miniserie web de 4 episodios en que Noemí García nos aprende a facer receitas veganas e outras tradicionais da nosa terra paso a paso. Ademais, cada programa conta cun espazo especial (chamado "A Larandica") destinado a presentar palabras en galego relacionadas co mundo da cociña (termos pouco coñecidos, palabras que adoitamos dicir en castelán, diferentes nomes para un mesmo produto ou obxecto, curiosidades sobre a orixe de certas palabras...).

A cociña de Media Laranxa é un extensión dun proxecto que naceu nas redes sociais da man da filóloga galega Noemí García en 2020, en plena pandemia, chamado Media Laranxa, onde se combinan receitas con ensinanzas da nosa lingua.