Volver

Calcetís e paxarín. Zumalab

Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

Serie de 10 pezas en vídeo de 4 minutos de duración, gravadas en tres puntos da xeografía galega pertencentes a cada unha das tres grandes áreas lingüísticas do país. Están protagonizadas por dúas nenas e un neno (acompañados das súas familias) que establecen un diálogo entre si, facendo un percorrido áxil e lúdico sobre varias das diferenzas que incorporan as variedades dialectais das súas zonas.

A estes contidos lingüísticos van ir ligados outros: coñecemento do medio (nomes de animais, plantas, elementos da paisaxe e do urbanismo, celebracións locais); toponimia e literatura de tradición oral (coplas, lendas, adiviñas, recitados, arrolos...).