Volver

Podes atoparme? O libro que xoga ás agachadas. Adolfo Enríquez SL

Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

Podes atopar os elementos agachados neste libro? Perdemos unha chea de cousas na cociña, nun taller, nunha granxa... Nesta publicación dixital para nenos e nenas de entre 2 e 5 anos, os cativos poden xogar e aprender vocabulario en galego buscando os obxectos presentados en cada fotografía. A mecánica é sinxela. Por cada escenario proposto, o libro conta con dúas páxinas anexas. Na primeira, os cativos poderán ver en primeiro plano unha serie de cousas e coñecer o seu nome. Na seguinte páxina está o reto: atopar eses obxectos nunha foto xeral do escenario habitual onde adoitan empregarse.