O Miño, un río de encontros
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Neste proxecto audiovisual o Miño é a liña que pon en valor o espazo de fronteira máis poboado entre Galicia e Portugal e que lles serve de unión a uns territorios de gran valor turístico, patrimonial e ambiental que posúen unha riqueza cultural e lingüística común. Este documental pretende achegarlle ao gran público a cultura material e inmaterial que une estes territorios e axudar a ter unha actitude favorable ao uso e coñecemento da lingua galega, que nos abre posibilidades co mundo lusófono.