Volver

Santalices. O legado

Verónica Santalices e Federico Welicki ofrécennos o concerto didáctico Faustino Santalices. O legado, dedicado ao gaiteiro e musicólogo de Bande.

Faustino Santalices (Bande, 1877 – Madrid, 1960) foi un dos grandes nomes da nosa cultura; un home que dedicou a súa vida a investigar, construír e interpretar instrumentos e que lles devolveu á zanfona e á gaita un lugar central na música galega. No mundo da música tradi, o seu nome soa con respecto e admiración. Porén, entre o público xeral aínda non ocupa o lugar que merece. Do mesmo xeito que todos sabemos quen foron Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro, tamén deberiamos coñecer e recoñecer a Faustino Santalices. 

Santalices. O legado.

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

11 de abril, ás 20.00 h

Casa da Cultura

Xinzo de Limia

Ourense

26 de abril, ás 19.00 h

Auditorio Reveriano Soutullo

Ponteareas

Pontevedra

3 de maio, ás 18.30 h

Asociación Agarimo de Sillobre

Fene

A Coruña

23 de maio, ás 19.00 h

Edificio Multiúsos

San Cristovo de Cea

Ourense