As mil e unha
FalaRedes non podía faltar en 2026 á súa cita coas Letras Galegas.
Como primeira actividade deste ano, propón unha peza infantil e familiar que permita achegarlle á xente miúda da casa a obra da figura homenaxeada: Begoña Caamaño. A narradora Vero Rilo únese ao músico Luís Iglesia nunha proposta que repara na súa faceta de xornalista e mais na de narradora e revisora de mitos. Porque... que pasaría se por arte de maxia conectásemos en directo coa Circe de Begoña ou chamase á radio Morgana desde Esmelle? Acaso Penélope tecería a actualidade deste mundo? Todo será posible para quen acompañe a emisión do programa radiofónico As mil e unha, cheo de historias e de música que nos achegan a Begoña Caamaño.
As mil e unha | |||
Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
18 de abril, ás 18.30 h | Auditorio do Centro de Día | O Pereiro de Aguiar | Ourense |
19 de abril, ás 17.30 h | Igrexa da Madalena | Ribadavia | Ourense |
2 de maio, ás 12.30 h | Auditorio Municipal | Mondoñedo | Lugo |
7 de maio, ás 18.00 h | Espazo Apego | Santiago de Compostela | A Coruña |
8 de maio, ás 18.00 h | Casino | Noia | A Coruña |
9 de maio, ás 18.00 h | Casa Cultural Lustres Rivas | Ribeira | A Coruña |
10 de maio, ás 18.00 h | Casa da Cultura | Porto do Son | A Coruña |
14 de maio, ás 12.30 h | Auditorio | Verín | Ourense |
14 de maio, ás 19.00 h | Teatro Principal |
A Estrada | Pontevedra |
22 de maio, ás 17.30 h | Biblioteca | Melide | A Coruña |
23 de maio, ás 12.30 h | Praza da Igrexa | Lalín | Pontevedra |
23 de maio, ás 19.00 h | Auditorio Emilia Pardo Bazán | Sanxenxo | Pontevedra |
24 de maio, ás 19.00 h | Escola Habanera | Guitiriz | Lugo |
29 de maio, ás 18.00 h | Casa da Cultura | Viana do Bolo | Ourense |
30 de maio, ás 19.00 h | Auditorio | Nigrán | Pontevedra |
31 de maio, ás 18.00 h | Edificio Multiúsos | Monforte de Lemos | Lugo |
6 de xuño, ás 17.00 h | Pazo da Peregrina | Ames | A Coruña |