Galego pode selo calquera

Ser galego é doado? Depende. Os galegos temos un xeito de ser característico e diferenciado e historicamente téñense empregado tópicos derivados del para ridiculizarnos e mofarse de nós, feito que explicaría en parte que arrastrásemos algo de autoxenreira.

Ata non hai moito pensábase que a baixa autoestima dos galegos era crónica, pero Alberte Montes demostraranos con este monólogo, dende o humor, que non é así, que eses tempos foron pasando e agora xa somos quen de defendernos con orgullo do estigma combatendo os ignorantes, ríndonos dos propios defectos e chufándonos das nosas diferenzas. Ser galego non é só parar na escaleira e facerlle crer á xente que non sabemos se subimos ou baixamos. Para ser galego hai que reunir moitas máis aptitudes... entre elas, falar con orgullo a lingua de Rosalía.

Galego pode selo calquera

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

17 de xullo, ás 21.00 h

Auditorio Manuel María

O Carballiño

Ourense

25 de xullo, ás 19.00 h

Centro Social de Escarabote

Boiro

A Coruña

26 de xullo, ás 20.30 h

Campo de San Francisco

Ribadeo

Lugo

8 de agosto, ás 20.30 h

Campo da Festa de Alongos (en colaboración co GDR Adercou)

Toén

Ourense