Revista Abriu
É unha revista científica de periodicidade anual dirixida á comunidade académica e investigadora. O seu obxectivo é ofrecer un espazo para o análise e debate da textualidade nas culturas que se expresan en galego e portugués (literatura, cinema, tradución, artes escénicas, música...) desde unha perspectiva metodolóxica plural. De acordo con este obxectivo, en Abriu publícanse artigos de investigación orixinais, documentos inéditos ou recuperados e comentarios de libros de ensaio e traducións. Cada número consta de catro seccións: “Monográfico”, “Miscelánea”, “Espazo aberto” e “Recensións críticas de libros”.
A revista foi creada por Estudis Gallecs i Portuguesos (Estudos Galegos e Portugueses) o ano 2012. Do número 7 ao 10 coeditouse coa Cátedra José Saramago da Universitat Autònoma de Barcelona. Foi dirixida por: Helena González Fernández (2012-2019); María Xesús Lama López e Jordi Cerdà Subirachs (2020 e 2021); María Xesús Lama López (2022 e 2023); María Xesús Lama López e Rodrigo Herrera Alfaya (2024-). Membros anteriores do consello de redacción: Sabela Labraña (2012-2013); María Dolores Villanueva Gesteira (2014-2019); Eva García (secretaria, 2015-2018).