Descubrimos a Begoña Caamaño
Actividade do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Heidelberg.
Sesión divulgativa de lectura comentada dedicada a Begoña Caamaño con motivo do Día das Letras Galegas.
Introducirase a figura de Begoña Caamaño como escritora, xornalista e activista, así como os trazos principais da súa obra literaria, especialmente a relectura dos mitos clásicos e medievais desde unha perspectiva feminista. A sesión incluirá a lectura dun fragmento representativo da súa obra e un breve comentario guiado, a revisión dos relatos herdados e o lugar da autora na literatura galega contemporánea.
A actividade está dirixida ao estudantado universitario dos cursos de galego e tamén aberta ao público xeral interesado na cultura galega.
Terá lugar o 18 de maio, ás 16.00 horas, na Aula 111.
Documentos relacionados
-
Cartel PNG