Presentación da figura de Begoña Camaaño

Actividade do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Granada.

O alumnado de galego da Universidade de Granada levará a cabo unha presentación da figura de Begoña Caamaño nos corredores da Facultade de Filosofía e Letras durante a semana do 11 de maio. Nela, e aproveitando que leron e traballaron as obras narrativas de Begoña para as súas materias, presentarán esta festividade e celebración das Letras, a homenaxeada e a súa obra e repartirán material informativo relacionado coa actividade a todas as persoas que se queiran achegar.

Durante esa mesma semana e a seguinte, no mesmo lugar (1º andar, fronte ás escaleiras da cafetería da Facultade), tamén haberá unha exposición de cartelaría sobre a autora galega.

Esta actividade divulgativa está coordinada polo profesor e lector de galego Xoán Goris García.

Documentos relacionados