Begoña Caamaño por Paula Carballeira
Curso: 2025-2026
Antía, Brais, Carolina e Vicky de 1º de bacharelato do IES Losada Diéguez entrevistaron a Paula Carballeira, autora do libro: O transgredir das ondas, sobre Begoña Caamaño, nunha acaída homenaxe a esta, xa que se trata dun programa de radio, o medio no que destacou Begoña. Foi un proxecto conxunto do EDLG, do departamento de Galego e da radio do instituto.
Ao longo de máis de trinta minutos, o alumnado, alén de ofrecernos estupendas lecturas dramatizadas de anacos das obras da escritora homenaxeada nas Letras Galegas, tíralle da lingua a Paula con elaboradas cuestións para que nos achegue a faceta máis social de Begoña, a interesante interpretación das súas obras que abriron camiños, ou algunha anécdota da amizade que ambas mantiveron.
Documentos relacionados
-
Cartel JPEG