Presentación da Primavera das Letras no CEIP O Pombal, Vigo (Pontevedra)

Centro: CEIP Plurilingüe O Pombal, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2025-2026

A Real Academia Galega escolleu o CEIP O Pombal de Vigo para inaugurar a súa programación da Primavera das Letras dedicada a Begoña Caamaño, xa que este centro está ubicado no barrio vigués onde se criou a autora homenaxeada, e que deixou unha fonda pegada nela. O EDLG anfitrión preparou con moito agarimo este acto, dende a decoración ata a edición dun xornal monográfico ou a creación dunha obra teatral que tan ben representou o alumnado, como podemos ver no vídeo.